← Comentarios de obras

NARBONNE: PONT SUR LE CANAL DE LA ROBINE

Comentario do arquivo · 9/47

NARBONNE: PONT SUR LE CANAL DE LA ROBINE
Óleo sobre lenzo, 36 x 51. Narbonne, 1974.

Admirable esta vista de Narbona cunha das súas pontes sobre a canle de La Robine en primeiro termo. Magnífico colorido, luz radiante cun sol concéntrico que lembra a Van Gogh, verismo poético, «sinxeleza e perfección unidas», dicción directa e expresiva, coa capacidade comunicativa da pintura por si mesma e a través dunha linguaxe perceptible, aínda que todo estea visto cunha orixinalidade moi persoal. Yosso viviu en Narbona durante algún tempo. Pintou as súas pontes, os seus xardíns e estanques con cisnes, a catedral, «L`Hôtel de Ville», o palacio do Arcebispo. E en Narbona, Arles e Marsella empezaría a asinar os seus cadros co pseudónimo de «Yosso».