VALBUXÁN
Óleo sobre lenzo, 63 x 1,82.
Alegre, sa, luminosa, chea de delicadeza e fineza, cun ritmo case musical, «unha primavera de cores», espléndida poesía cromática, lenda, reino encantado, esta soberbia panorámica intemporal de Valbuxán (véxase a referencia a ela na palabra «visión» do dicionario Estravís), orixinalísima pintura, diáfana, sutil, complexa, obra audaz e brillante, de emotiva e deliciosa frescura e radiante luminosidade. Un verdadeiro alarde de técnica valente e libre. De infinita paciencia, inmenso amor e evidente mestría. Plenitude vital. O aire e a luz, o ambiente todo, cada casa, cada árbore, cada animal, cada espiga, a vida toda dun pobo, ardente realismo «enternecido», tenrura, intimismo, graza e primor, bo facer: difícil superar todo este encanto cromático. E nada nos estraña que para a maior parte dos poucos que chegaron a coñecer a súa obra sexa Yosso o mellor pintor galego vivo ou o preferido.