A COSCA
Óleo sobre lenzo, 54 x 73.
Pintura intensa, veraz. Hiperrealista. Esmerado debuxo preparatorio. «Demasiado verdadeiro». «Facer verdade e deixar dicir». Pero tamén fondo lirismo, deliciosa frescura e luminosidade, delicada nitidez. Realismo «enternecido» polo propio sentimento poético. Hai neste cadro un compromiso profundo coa Arte e a Beleza. A forza de expresión, a luz, a vida, emanan de dentro. E un crería que xa non é posible superarse: porque non se pode ir máis lonxe ao plasmar unha forma. Se a función do artista é «inventar calidade e inventar humanidade», aquí están a perfección técnica, compositiva e a singular viveza de «A Cosca», toda luz e vida, que nos devolve, ou mellor dito envolve, nunha mirada case humana.