← Comentarios de obras

POIRES (Nature morte représentant de poires)

Comentario do arquivo · 5/47

POIRES (Natureza morta que representa peras)
Óleo sobre cristal. París, 1964.

Pintura de gran virtuosismo técnico e refulxente cromatismo. Xeniais trazos, franca pincelada; con toques amplos e exactos, das máis suculentas e veristas calidades. Como no seu xemelgo ou compañeiro «Pêches» (natureza morta que representa pexegos), estas suculentas froitas iluminan ao seu redor. E o debuxo interiorízase nesas formas iluminadas por unha suave e marabillosa incandescencia, onde os ouros e os vermellos se corresponden e harmonizan. É tan sabia a técnica, coas pinceladas tan soltas e esenciais, que se fai patente a grandeza e a sinxeleza dos antigos mestres: Chardin, Sánchez Cotán, Zurbarán, Menéndez. Por que non? Difícil melloralo. Que o supere quen poida.