PAISAJE GEOMÉTRICO (II/II)
Óleo sobre lenzo, 50 x 75.
Unha linguaxe expresiva que en Yosso se fai “nova”, distinta; porque Yosso —cuxa agudísima sensibilidade o fai afinar cada vez máis, no cultivo da súa auténtica pintura persoal— inventou un estilo: creando unha arte de singular atractivo e encanto, unha arte persoal, estilizada e exquisita que o fai ocupar un posto á parte ou independente. Así pois e ademais, Yosso é o creador dun “novo estilo”, un estilo espido e belo, xa case clásico en toda a súa modernidade. E polo que se fixo ou é dono do espazo. E compón: A ORDENADA PERSPECTIVA. Que é o seu modo de buscar o esencial. Como a deste “Paisaje geométrico”. Pero os seus cadros exemplo cume do “seu estilo” e xa de todo insuperables seguirán sempre sendo “Igrexa de Valbuxán”, “A Poncha”, “Ovella e cordeiro no Corguiño”, “O Pombal”, etc.
Pero en todos os cadros de Yosso, profundos e minuciosos, latexa unha estraña vida: a propia vida do pintor, a súa propia vida.