← Comentarios de obras

SINFONÍA MARINA. · LA ORILLA. · (II/II)

Comentario do arquivo · 43/47

SINFONÍA MARINA.
LA ORILLA.
(II/II)
Óleos sobre lenzo, 54 x 73.

Gerardo Diego, Eugenio Montes, Blanco-Amor e o Marqués de Lozoya soubérono explicar moi ben, valorando sobremaneira este novo estilo que Yosso nos trae e no que tanto insistimos, xa que a ninguén antes ca a el se lle ocorrera usar así as pinceladas para conseguir as perspectivas e os efectos, texturas e composturas que iso leva consigo”. Estas soltas e esenciais pinceladas tan donas de si mesmas e diferentes de tamaño e de forma son signos rítmicos, non factores adxacentes da linguaxe pictórica senón a linguaxe mesma que pretende así expresar concienciuda e pacientemente pero tamén amorosamente a Natureza nunha pintura de afirmación vitalista e de protesta ante as tensións conflitivas do mundo moderno contemporáneo. A sobriedade e o poder de síntese e a precisión do trazo en pincelada solta non poden ser máis grandes.