← Comentarios de obras

CISNE EN EL ESTANQUE VERDE (“RETIRO” DE MADRID) (II/II)

Comentario do arquivo · 41/47

CISNE EN EL ESTANQUE VERDE (“RETIRO” DE MADRID) (II/II)
Óleo sobre lenzo, 54 x 73.

Na pintura de Yosso todo aparece claro e transparente, e non cabe engano ou dar gato por lebre. E afástase sempre do decorativo cara a unha arte brillante, expresiva, harmoniosa; unha arte de pigmentacións vivas, unha arte viva, unha arte seria e valente de significación emocional, unha arte sincera, sentida e vital. Que tende á serenidade e á harmonía precisamente para protexerse da súa propia ansiedade excesiva. Este cadro é tamén unha proba da extraordinaria mestría estética e variada técnica de Yosso. Ortega y Gasset dicía de Velázquez que case todos os seus cadros eran a realización dunha nova concepción artística. O mesmo se podería dicir de Yosso.