← Comentarios de obras

CISNE EN EL ESTANQUE VERDE (“RETIRO” DE MADRID) (I/II)

Comentario do arquivo · 40/47

CISNE EN EL ESTANQUE VERDE (“RETIRO” DE MADRID) (I/II)
Óleo sobre lenzo, 54 x 73.

Perfección, harmonía, ritmo. Orixinalidade técnica e compositiva dun pintor e un debuxante de primeira. O debuxo triunfa. Un debuxo firme e seguro no cisne inundado de luz e os seus reflexos. Pero a soltura e a liberdade do pincel impoñen o seu ritmo polo cadro. Os reflexos están modulados co pincel mediante pinceladas longas e lixeiras que se funden apaixonadamente. Cor, debuxo e reflexos en harmónica relación. Un cadro de singular encanto e atractivo e exquisita elegancia, sempre na procura da beleza, beleza inmaterial, e da harmonía. O cadro é perfecto e ao contemplalo escóitase unha gran sinfonía.