CRISTO
Óleo sobre táboa. Albelda (Logroño), 1962.
Emocionante esta cabeza de Cristo, e expresiva, emerxendo inocente, pero vigorosa e esencial. Parece emitir resplandor propio, claridades íntimas, fundidas nese melado claroscuro rembrandtiano que a torna misteriosa e aínda máis bela. Como se unha misteriosa luminosidade emanase para conmover máis profundamente as almas. Marabillosa fluidez e amplitude de pincelada. «Perfección e sinxeleza unidas», dicía Camón Aznar. Esta nobre cabeza cara adiante e medio desprendéndose das veladas sombras, aínda que tan expresionista, lembra a Velázquez e isto é xa unha boa lembranza.