CISNE EN EL ESTANQUE GRIS (o en El Retiro de Madrid)
Comentario do arquivo · 37/47
CISNE EN EL ESTANQUE GRIS (ou no Retiro de Madrid)
Óleo sobre lenzo, 54 x 73.
A clasificación dun cadro para adscribilo a unha determinada maneira ou estilo é va, inútil. Despersonalizada. Ademais, un cadro ten ou non ten vida, ten ou non ten autenticidade. E esta é a cuestión. Telas ou non. Vida e autenticidade como a deste radiante “Cisne en el estanque gris”, todo luz, claridade solar, brancura de neve, resplandecente. Tratado maxistralmente. Pintura pura e clara como a luz do día; unha pintura como todas as de Yosso dotada dunha gran forza expresiva; poderosa; que se impón. E sen dúbida unha das súas máis altas realizacións. Precioso o primeiro plano de ouro. E o cisne, maxistral; sobre todo o seu pescozo e a súa cabeza. Hai unha arrepiante e solemne quietude que interioriza; alguén que nos traspasa coa súa mirada. E todo é serio e profundo tras a interrogante do seu pescozo erguido. Arte seria e profunda baixo a claridade solar. Neste cadro, e en todos os outros de Yosso. Cada cadro de Yosso é algo máis ca unha pintura, é unha verdade viva, tan viva e certa como cando a estaba creando, porque nela puxo a súa propia vida.