MOLINO DE VIENTO
Óleo sobre lenzo, 61 x 46.
Para uns “dentro dunha poética de raíz realista”, para outros “orixinalísimo creador dun mundo á vez poético e refinado ou dunha poética estritamente individual”, toda a pintura, todas as paisaxes non inventadas de Yosso conservan o nexo coa realidade visual, son recoñecibles, pero sobre o natural recoñecible están o radiante cromatismo, a procura incansable da beleza e da harmonía, e a liberdade creadora. Abonda contemplar esta pintura impregnada de serena sinceridade malia o elaborado, apaixonado e orixinal da súa linguaxe; e na que subxacen a enerxía e a perfección, a seguridade total dun debuxo perfectamente calculado, pero na que se capta a realidade de modo intuitivo e sincero, nunha visión persoal cargada de poesía. Yosso mostrarásenos sempre maxistral e inclasificable.