← Comentarios de obras

POMBAL EN VALBUXÁN

Comentario do arquivo · 32/47

POMBAL EN VALBUXÁN
Óleo sobre lenzo, 74 x 54.

O abandonado pombal do gran “pazo” de Valbuxán tamén abandonado. Un pombal sen pombas. Un bando albíscase alá ao lonxe. Un pombal en ruínas que Yosso salvou ao reconstruílo aquí no cadro. Das ruínas, pois, xurdiu toda esta beleza. Das ruínas, toda esta pureza, claridade e transparencia. Das ruínas e da súa propia miseria. Porque Yosso sempre estivo e sempre está ao bordo do abismo. E na máis absoluta necesidade. Fatalmente. Sen nada, sen casa, sen coche, solitario e vagabundo, sen traballo nin soldo fixo… Pero “ninguén diría que esta tan alegre e luminosa pintura saíse dun home cuberto de cicatrices”, diría Lozoya. Só homes como Yosso, capaces de facer brotar a beleza mesmo da miseria, permiten manter esperanza no destino da humanidade. E que as pombas volvan.