← Comentarios de obras

ESTRADA VALBUXÁN-O BOLO

Comentario do arquivo · 29/47

ESTRADA VALBUXÁN-O BOLO
Óleo sobre lenzo, 54 x 73.

Yosso non pinta obras para vender senón para esforzarse e chegar ao máximo de beleza e bo facer; á obra mestra, á obra case perfecta. En moitos dos seus cadros —e tamén aquí—, nas partes que así o requiren ou que necesitan máis especialmente dunha perspectiva valente, forte e directa para antes e mellor dar a sensación de profundidade, Yosso desenvolve un método, un procedemento, un estilo propio: manexando as cores mediante a aplicación de pinceladas soltas, libres, diferentes, esenciais, progresivamente agrandándose ata os primeiros planos ou ao revés empequenecéndose cara ás lonxanías, sobre fondos aveludados uniformes, consegue, el o primeiro na historia da pintura, representar así as distancias, o espazo, as perspectivas; resultando este o modo ou método máis próximo e directo e esencial para representar a profundidade; aquí precisamente conseguida así no primeiro plano dos tres ou das tres dimensións logradas. Pero este tipo de pintura require moito valor e experiencia, moita dedicación e paciencia. E saberes innatos e adquiridos, e inventiva. Pero tamén este é o asombroso resultado.