L`ÉTANG VERT
Óleo sobre lenzo, 63 x 76. Narbonne, 1974.
Intérprete vigoroso e excepcionalmente dotado, Yosso é capaz de convencernos con esta soa obra da súa absoluta mestría e das súas fabulosas calidades ou facultades persoais innatas e de toda a súa asombrosa facilidade. Aquela mesma asombrosa facilidade que en “Iglesia de Valbuxán” ou en “A Poncha” consegue dicilo todo cunha linguaxe completamente nova e tal como el quixo ou se propuxo. “Esa admirable facilidade de levar a un lenzo o que un leva dentro, cousa que vostede consegue marabillosamente”, dicíalle nunha carta Arne Jessen. Pintura de afirmación vitalista, “El estanque verde” é unha obra marabillosa de sensibilidade e poesía e bo facer. Unha creación estética de técnica acabada e calidades maxistrais, documento precioso, quizais a súa mellor lección do oficio de pintor. A maxia da cor convértese en poesía. Poesía que se ve. Silenciosa. Pero séntese.