MALLA NA AIRA.
GOLONDRINAS.
Óleo sobre táblex. Valbuxán, 1955.
Óleo sobre táblex. Getafe (Madrid), 1956.
Nestes primeiros ensaios de pintor hai xa algo que fai pensar en Van Gogh e Renoir. Como en Van Gogh, «a cor, a liña e os ritmos compositivos adquiren un valor case autónomo para intensificar a expresividade da linguaxe pictórica»; e aparecen tamén «a composición aberta, os temas ao aire libre, a espontaneidade técnica e a tendencia cara ao uso dos pigmentos puros» da pintura delicada e optimista de Renoir. «A intensidade do sentir individual ante a vida e a natureza» de Van Gogh, apaixonado e sincero; e o estilo amable e popular de Renoir. Forza, beleza, poesía, intensidade estraña nesas árbores subindo como en ondadas, e ese azul profundo, e esas andoriñas que (imposible!) xiran na suave e cálida luz da lúa. E esa extraordinaria orixinalidade e liberdade que logo o levarían (a Yosso) a crear pola súa conta un estilo propio, unha técnica nova.