LE CYGNE
Óleo sobre lenzo, 47 x 51. Narbonne, 1974
Frescura, vitalidade, luminosidade cromática e fluidez técnica. Mestría. Milleiros de sabias e soltas pinceladas por todas partes, vigorosas e libres, diferentes de tamaño, de forma, de ton, apreixando a luz, o movemento, a vida, e que nin o mellor pintor copista de museo sería quen de reconstruír. Un cadro que «non desmerecería ao lado das máis grandes obras mestras», como dicía o director dun coñecido museo. «El cisne» de Yosso no estanque do «Jardin de la Révolution de Narbonne» ofrécenos a marabillosa e eterna xuventude dunha persoalísima e maxistral pintura viril e intuitiva, coa beleza perenne da obra de arte.