REFLETS DANS LA PISCINE
Óleo sobre lenzo, 52 x 76. Marsella, 1974.
Cadro que en dúas exposicións colgaron ao revés. E ao revés reproducido tamén nunha coñecida revista. Por que? O bordo multicolor do estanque ou piscina, o resplandor que treme na auga chea de brillos e palpitacións, de follas e nenúfares, de variados reflexos invertidos de cousas que se supoñen ou adiviñan arriba, no bordo, como o da muller espida, pero sobre todo a orixinalidade da composición, a liberdade da execución, o belo colorido, e esa soltura e «evidente mestría» da que tanto se fala —José Camón Aznar, Gerardo Diego, Lafuente Ferrari, Vallejo Nágera, Trabazo, Eugenio Montes, o Marqués de Lozoya— ao falar de Yosso.