← Comentarios de obras

PRIMAVERA

Comentario do arquivo · 1/47

PRIMAVERA
Óleo sobre lenzo, 64 x 79. Valbuxán 1975.

O particular estilo de Yosso arrinca do Impresionismo. Mesmo a algúns cadros se lles poderían aplicar case «ad pedem litterae» as palabras de Julián Gállego: «Cando dicimos que un cadro é ou parece impresionista aludimos non só a un estilo, a unha técnica solta e libre, a unha cor limpa e brillante que nos dá a máis fermosa imaxe do mundo, senón mesmo a un xeito despreocupado e alegre de sentir a arte como un fermoso domingo de felicidade preguiceira». Esta palpitante «pradeira» de Yosso encantaría a Manet, a Monet, a Van Gogh e, especialmente, a Renoir. Pero tamén a Leonardo, a Fra Angelico, a Rafael, a Velázquez ou ao mesmísimo Goya.