A historia de Yosso

Cinco lugares para orientarse na vida e na obra de José Porto García.

Valbuxán

O lugar de orixe

A aldea do Bolo onde naceu en 1943 percorre os seus cadros e os seus escritos. Persoas, animais, camiños e pradeiras forman parte dese mundo próximo ao que volvería.

Monforte

Os anos de formación

O seu paso polo Colexio da Compañía deixou unha memoria que recuperou en Monforte 1951-52, publicado postumamente por Agrasar Editores en 2024.

Francia

Traballo e creación

En París e no sur de Francia compaxinou distintos traballos co debuxo, a pintura, a escritura e o estudo. Narbonne, Marseille e París figuran nas referencias das súas obras.

Madrid

Exposicións e encontros

As exposicións dos anos setenta propiciaron o encontro con Celso Emilio Ferreiro, o Marqués de Lozoya e outras voces que escribiron sobre a súa pintura e a súa poesía.

O Bolo

O regreso e o legado

Valbuxán seguiu sendo lugar de vida e creación. Desde 2022, o museo do Bolo achega a súa obra ao público; a nova fundación prolonga ese coidado.