← Antoloxía crítica

Voces sobre Yosso

Dezasete testemuños do arquivo, coas sinaturas e referencias que os acompañan. Son valoracións dos seus autores.

Pintura pura, poesía pura, é a túa pintura
Yosso, poesía de luz e transparencia
e milagre e aventura.

Gerardo DIEGO
Elogio a la pintura atmosférica y dimensional de Yosso”. Madrid 1976.

Para definir a Yosso, só hai unha palabra: Yosso. Porque con Yosso o pincel debuxa, pinta, entusiásmase, apaixonado, e radiante de luz e cromatismo exprésase amorosa e maxistralmente cunha técnica nova: xenio innovador da nosa expresión plástica.

Eugenio MONTES
“Yosso-José de Valbuxán, pintor, pensador, poeta”. Madrid 1977.

Non direi un xenio, pero si un diamante; en bruto ou tallado polas súas dúas caras é sempre un diamante. E dos máis brillantes e límpidos. Xosé de Valbuxán nunha das caras, Yosso pola outra. Non sei cal mellor, non sei que escoller.

Celso Emilio FERREIRO
“Yosso, un pintor distinto creador dun estilo diferente”. Madrid 1977.

Xa era hora de que a gran pintura volvese ser. Difícil. Só para os elixidos. Pintura de verdade. Non abonda con facerse pintor, hai que nacer. A poesía tampouco se fai cando un quere, senón cando ela quere.

José CAMÓN AZNAR
“YOSSO en la claridad solar de su pintura”.  Madrid 1976.

É pintura feita con amor e iso nótase e dálle un atractivo especial que, sumado á evidente mestría de execución, esperta no coleccionista esa comechón que só se calma “tendo un YOSSO”; pois sobre o mérito evidente da obra actual deste artista albíscase a posibilidade de que suba rapidamente a niveis do máis alto rango.

Juan Antonio VALLEJO-NÁGERA
(Presentación catálogo Ateneo de Madrid). Madrid 1976.

No Ateneo (de Madrid) expón o pintor YOSSO, pseudónimo de JOSÉ PORTO. Gran pintor, de moi variada personalidade. Cadaquén o cualifica ou clasifica á súa maneira, arrimándoo ás súas preferencias. Pero na Arte, a clasificación pouco importa, senón a obra. E a de YOSSO é fóra de serie.

Alfonso SÁNCHEZ
“Mi columna” (INFORMACIONES). Madrid 1976.

Que máis dicir? Yosso, José de Valbuxán, amante do sol, da natureza, dos cisnes, de todo o fermoso e de todo o bo, pintor, debuxante, ilustrador, poeta, pensador, xenialidade polifacética, encarnación paradigmática de Galicia: Yosso, José de Valbuxán, pintor e poeta, que desde Galicia para todos se nos ofrece como a síntese da súa mellor poesía e o museo da súa mellor pintura.

EL MARQUÉS DE LOZOYA
Yosso, “un pintor fuera de serie”. Hoyuelos (SEGOVIA), 26-VII-1977.

Creacións, aquí excepcionais, únicas. Admiración para os ollos e acougo para o ánimo. Como anacos dun mundo mellor, máis puro e máis fermoso —que debe ser este—, onde todo aparecese espiritualizado polo sentimento. De aí que se considerase e se considere a súa obra como “unha das máis fermosas e cativadoras que se veñen facendo en non importa onde desde hai xa longo tempo”, ou “unha das máis sorprendentes e marabillosas —como dicía Eugenio Montes— que tivemos ocasión de contemplar desde hai moito. E é que Yosso sabe que a beleza hai que buscala, “non no ceo, senón na terra”. E que ata o propio paraíso hai que intentalo aquí.

E. BLANCO-AMOR
“Semblanza y epítome de YOSSO”. Ourense 1978.

Entre as pinturas máis verdadeiras, decentes, puras, claras, frescas e orixinais deste século que se achega á súa fin está, sen dúbida, a de YOSSO, tónica e reconfortante, que permanece afastada de todo movemento pictórico para quedar soa, libre e vigorosamente persoal, nun mundo poético, fóra do tempo e das modas que non pasan de moda

D.-J. COLL
Le realisme enternecido de mr. YOSSO”. Narbonne 1975.

…puro entregarse á arte pola arte, Yosso, traballando coa paciencia e minuciosidade dun mestre antigo, chega a un estilo propio inconfundible; esas “pinceladas soltas e espazadas que por primeira vez na historia da pintura se agrandan progresivamente cara aos primeiros planos”. “Ao buscar ou pensar un procedemento para conseguir a profundidade e crear espazo, Yosso descobre, e nada máis fácil, nada máis lóxico, nada máis sinxelo, aí estaba, pero había que levalo á práctica, que as pinceladas debían, podían diminuír de tamaño a medida que se van afastando, ou o que é o mesmo, ir pouco a pouco medrando cara a nós. E separadas; para xerar así unha atmosfera aireada”. “A verdade é que, apaixonado da beleza e da perfección, estuda e constrúe cada cadro coa mesma precisión coa que un arquitecto erguería pedra a pedra unha catedral.

Enrique LAFUENTE FERRARI
“LA PINTURA DE YOSSO, luminosa y fresca realidad”. Madrid 1976.

…e porque no esplendor da súa obra o vexo triunfante, resplandecente, vitorioso; vitorioso sobre si mesmo e vitorioso sobre os demais; sobre todo nas súas pinturas; das que xa se dixo todo; todo o bo que dunha pintura podería dicirse: “sorpresas de fermosura”, “poesías de espazo e marabillas de luz”, “obras de excepcional finura e valía”. Amigo Yosso: non deixes de pintar. Non podes. E lembra que che dixeron, e eu tamén, que pintores coma ti só aparece un cada douscentos anos.

José Manuel PÉREZ “XARES”
“YOSSO, un volcán solitario”. Viana, I-XIII-93.

Yosso é ante todo un poeta que se expresa tan ben coa pluma coma co pincel. Pero, escritor ou pintor, convídanos a volver á natureza, ao humus da súa Galicia natal. No que respecta á súa arte pictórica, magnifica sotobosques, labregos inmóbiles no seu movemento cotián, paisaxes ou espazos infinitos grazas a un debuxo incisivo e segundo unha disposición notablemente equilibrada. Propón un espazo dominado, sometido á súa vontade de construción, e ofrécenos volumes que se completan cun ritmo poderosamente evocador e un cromatismo sen igual. …Crea o seu propio estilo, un novo estilo totalmente persoal, para multiplicar o impacto das perspectivas ás que soubo conferir unha profundidade excepcional. Tras pasar anos en París para a súa formación pictórica, o Salon des Nations non era para el máis que unha especie de regreso a un fogar onde se desexaría velo máis a miúdo.

Artistes Contemporains Espagnols
YOSSO  (Paris / Salon des Nations) . “La Cote des Arts”, Marseille 1984)

Na excelencia da súa arte clara e profunda, e na mestría do seu oficio, YOSSO constitúe un caso á parte, inclasificable: orixinalísimo creador dunha poética pictórica de sólida raizame realista, introdúcenos nunha nova dimensión e nunha nova linguaxe, de gran comunicación, co exquisito refinamento cromático da súa pintura “tan verdadeira”, e a perfección e delicadeza sensitiva dos seus debuxos incribles. Tanto na pintura como na poesía non describe, senón que vive.

Santiago AMÓN
YOSSO, una nueva dimensión y un nuevo lenguaje”. Madrid 1977.

Sobre as modas e os días prevalecerá o alento estremecedor, a estremecedora pureza e a estremecedora vitalidade e mestría desta pintura, soberana pintura, fonda pintura, pintura substantiva, ponte, fonte, abrindo espazos, portas, xanelas, a novas esperanzas, a novos horizontes, claro amencer, luminoso cumio do sentir e do crear e por iso culminación e por iso única, irrepetible, necesaria.

Julián GÁLLEGO
“YOSSO, maestro de la Obra Bien Hecha”. Madrid 1977.

Yosso –que así firma as súas obras-, é autor dunha pintura única, como única é a súa maneira de ser: sinxela e bondadosa, inda que tremendamente apaixoada. Pero é que tras a rústica apariencia espontánea sinceridade, sinxeleza e bonhomía de Yosso, acóchase unha das personalidades máis singulares. Controvertidas e interesantes do actual mundo cultural galego.

Antonio CASTRO VOCES
“La Voz de Galicia”, 18 y 25 de mayo de 1997

Os xenios non abundan. Xosé de Valbuxán non existe. É un soño. Un milagre. Yosso é unha excepción. Unha impresionante excepción. Límpido, claro, conciso, coma os seus cadros. Preciso, xenial, maxestoso, coma os seus cisnes. Transparente, enigmático, abracadabrante, mago el, coma toda a súa poesía. É o mestre de mestres.

Santiago PALMEIRO
“José Porto, de Valbuxán, prestigioso pintor” (La Región). Ourense 1991

Houbo pintores que, expresándose tamén en verso, nos deixaron poesías marabillosas; e poetas que con cores e liñas ou lapis e pinceis nos transmitiron tamén posturas, aspectos, trazos fundamentais do seu ser íntimo, da súa alma, do seu espírito, exteriorizando así dobremente o seu xenio e o seu carácter; pero raras veces co equilibrio e a magnitude, a altura, que aquí se dan en Yosso, en José de Valbuxán”. “Atopámonos por unha parte ante un pintor auténtico, un gran pintor, un pintor “fóra de serie”, con toda esa claridade solar da súa pintura, “tan verdadeira”. Unha pintura perfectamente sincera. E na outra cara ou cruz da moeda, o gran poeta que aúna a facilidade de Lorca e a forza de Miguel Hernández. Todo brotando da alma.

EL MARQUÉS DE LOZOYA
“YOSSO, el cisne de Valbuxán”. Madrid, diciembre 77.